SERVICIO DE NOTICIAS IGAPE - BIC GALICIA Mercores, 24 Febreiro de 2010
1-RECURSOS BIC GALICIA. Modelos de plan de negocio: Xestoría-Asesoría |
Os modelos desenvolven un proxecto empresarial mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da empresa, co obxectivo de presentar un documento completo, que sen substituír o traballo específico do emprendedor lle sirva coma exemplo e referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de empresa. |
Consultar novas |
2-Erasmus para xoves emprendedores |
O Programa Europeo de Intercambio de Emprendedores e Empresas, "Erasmus para Xoves Emprendedores", conta con UNINOVA, como organismo Intermedio Es una iniciativa dirigida a ayudar a nuevos emprendedores y a adquirir habilidades para gestionar PEMES |
Consultar novas |
3-A Xunta activa un programa de cursos gratuítos de inglés e francés para o pequeno comercio |
A Dirección Xeral de Comercio, da Consellería de Economía e Industria, inviste 40.000 euros na organización de cursos de idiomas a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. |
Consultar novas |
4-O fracaso empresarial reside na falta de coherencia |
A coherencia, a estratexia e contar cuns valores de referencia consolidados son algúns dos factores que xustifican unha boa xestión directiva, segundo Laura González-Molero, presidente e conselleira delegada do merck España. |
Consultar novas |
5-A túa empresa dá beneficios en 2009? Coidado cos pagamentos fraccionados |
Se a túa sociedade é unha das poucas que vai dar beneficios no exercicio 2009 e obtés unha cota íntegra positiva no imposto de sociedades que se vai a presentar no mes de xullo, debes proporche agora que mecanismo vas seguir para realizar os pagamentos fraccionados ao imposto de sociedades. |
Consultar novas |
6-O comercio retallista aplaude a reforma da lei que o regula, porque garante o equilibrio entre formatos de venda |
"Esta era a lei que estabamos esperando". Así acolleu onte o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a aprobación no Congreso da reforma da lei do comercio detallista. |
Consultar novas |
7-Claves para acadar o éxito nas redes sociais |
As redes sociais en xeral e Twitter, Youtube e Facebook en particular, é onde se aglutina a maior cantidade de tráfico. Consideramos redes sociais os foros de discusión e as carteleiras de mensaxes tamén; en definitiva, todo sitio onde os usuarios poidan interactuar entre si, relacionarse e intercambiar información. |
Consultar novas |
8-Comprar, leasing ou renting (I) |
No momento de adquirir un novo elemento de inmobilizado xorde, en moitas ocasións, esta cuestión. Cando a empresa se propón comprar un novo vehículo ou, por exemplo, renovar os equipos informáticos ou calquera outro ben e imos financiar a operación podemos optar pola compra, o leasing ou o renting. |
Consultar novas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario