A Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Compañía da RTVG, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 30 de marzo de 2010, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
Punto único- Preguntas orais ante a Comisión
1.1 08/POC-2177 (19702)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Quintana González, Anxo Manuel
Sobre as medidas previstas pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia para o cumprimento da legalidade e a contestación das actas levantadas pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña os días 4 e 19 de novembro de 2009 pola contratación de varios profesionais na Radio Galega
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 159, do 27.01.2010
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 166, do 08.02.2010
1.2 08/POC-2179 (19706)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Quintana González, Anxo Manuel
Sobre as previsións da Compañía de Radio-Televisión de Galicia respecto do cumprimento da sentenza do Xulgado do Social número 1, do 15 de outubro de 2009, expediente 842/2009, relativa á restitución a un cámara da TVG do seu posto de traballo
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 166, do 08.02.2010
1.3 08/POC-2224 (20178)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Lage Tuñas, José Manuel
Sobre a valoración da Dirección Xeral da CRTVG da cobertura informativa dada polos medios de comunicación públicos á folga e á manifestación que tiveron lugar o día 21 de xaneiro de 2010 en defensa do idioma galego
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 166, do 08.02.2010
1.4 08/POC-2514 (22598)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín e 6 deputados máis
Sobre a adaptación da TVG á implantación da televisión dixital terrestre
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 174, do 18.02.2010
1.5 08/POC-2516 (22600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín e 6 deputados máis
Sobre a apertura da Radio Galega á participación do público, a valoración deste aspecto e a resposta da audiencia, así como o procesamento desta participación cidadá dentro dos contidos radiofónicos
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 174, do 18.02.2010
1.6 08/POC-2908 (27833)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Varela Sánchez, Ricardo Jacinto e 3 deputados máis
Sobre as razóns da RTVG para non emitir as declaracións públicas realizadas o día 11 de febreiro de 2010 polo alcalde de Vigo en relación coa postura do Sr. presidente da Xunta de Galicia respecto da fusión das caixas de aforros galegas
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 193, do 17.03.2010
1.7 08/POC-2909 (27834)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Varela Sánchez, Ricardo Jacinto e 3 deputados máis
Sobre a opinión da dirección da RTVG respecto do tratamento informativo dado á manifestación levada a cabo o día 9 de febreiro de 2010 na cidade de Vigo, en relación co tratamento dispensado polo Goberno galego ao futuro das institucións financeiras, nomeadamente a Caixanova
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 193, do 17.03.2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario