Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia
4.1 08/PNP-0459 (29116)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a adopción das medidas necesarias para a posta en servizo da autovía do Cantábrico no ano 2011 e a continuación polo Ministerio de Fomento da redacción do Estudo informativo do proxecto de corredor de alta velocidade do Cantábrico (Ferrol - Asturias - Cantabria) para sometelo a información pública no ano 2012.
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
- Dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitar:
1.- Que no ano 2010 se adopten tódalas medidas necesarias para acelerar a construcción das obras, co fin de que a Autovía do Cantábrico esté en servizo nun prazo non superior ao ano 2012.
2.- Que se retome e revise polo Ministerio de Fomento o estudo informativo previo do Proxecto do Corredor de Alta Velocidade do Cantábrico co fin de sometelo a información pública durante o ano 2012 e presentar á maior brevidade un cronograma para a súa execución”.
4.2 08/PNP-0696 (42224)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a revisión das condicións previstas na disposición adicional cuarta da Lei 22/2009
1º.- Manifestar a necesidade da revisión das condicións previstas na Disposición Adicional Cuarta da Lei 22/2009, pola que se regula o sistema de financiamento das CCAA de réxime común e cidades con Estatuto de Autonomía e se modifican determinadas normas tributarias, para a devolución das liquidacións negativas correspondentes aos excercicios orzamentarios de 2008 e 2009, vencellando o inicio desta devolución a unha taxa de crecemento do PIB autonómico do 2% e alongando no tempo o prazo actualmente fixado para a devandita devolución alomenos ata as 10 anualidades.
2º.- Darlle traslado do presente acordo ao Goberno de España, a través da súa Vicepresidencia Segunda, a todos os Grupos Parlamentarios das Cotes Españolas e á Xunta de Galicia”
4.6 08/PNP-0734 (45708)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lobeira Domínguez, Bieito
Sobre as medidas que se adoptarán na defensa da frota pesqueira galega diante das restricións e da prohibición de capturas impostas pola Unión Europea
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a adoptar as seguintes medidas urxentes na defensa da viabilidade da frota pesqueira galega diante das restricións e prohibición de capturas impostas pola Unión Europea:
1.- Demandar do Goberno español a adopción das accións precisas para posibilitar o incremento das posibilidades de pesca inicialmente asignadas para o ano 2010 á frota galega para a captura de pescada, xarda e bertorella a través do método preciso (intercambio de cota, reasignación, ou calquera outra) que permita a actividade extractiva normal ata o 31 de decembro de 2010.
2.- No caso de non se efectivizar a posibilidade expresada no punto 1, as administracións competentes da xestión destas pesquerías, Xunta de Galiza e Goberno español, cada quen no ámbito das súas competencias, articularán un programa de axudas económicas dirixidas a tripulantes e armadores dos buques galegos afectados pola restrición de cota de pescada, e a prohibición da pesca de xarda e bertorella.
3.- Demandar do Goberno español a presenza de Galiza nas reunións do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea (no presente ano 2010) que fixarán as cotas de captura para o próximo ano 2011, así como nas reunións previas e preparatorias.
4.- Realizar un seguimento do proceso de elaboración de informes científicos sobre a situación da pescada, xarda e bertorella no litoral galego, na súa plataforma continental e augas adxacentes, para o seu traslado e defensa diante das institucións da Unión Europea.
5.- O Goberno de Galiza emprenderá as accións precisas nos ámbitos xa sinalados, co obxecto de incrementar substancialmente a cota de captura de pescada, xarda, e bertorella para o próximo ano 2011, nun volume que, sendo respectuoso coa sustentabilidade das especies, garanta a viabilidade normal dos diversos segmentos da frota galega dedicados a esta actividade.
6.- Dar continuidade ás medidas e establecer novas liñas de actuación acordadas co sector, orientadas á mellora da comercialización de pescada, xarda e bertorella capturada pola frota galega, co obxecto de incrementar o prezo destas especies en primeira venda, garantir a distinción da procedencia galega nas fases de mercado, procesado e consumo final, e controlar as importacións.
7.- Coa finalidade de acadar maiores ingresos sen castigar o stock dispoñible, constituirase un comité técnico que faga o seguimento permanente da evolución das capturas das especies suxeitas a cotas, e dos prezos acadados en primeira venda, coa finalidade de facer informes e recomendacións que sivan de guía ao sector sobre a evolución da pesquería e dos mercados”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario