PROXECCIÓN LUNS 27 ÁS 20 HORAS NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO ( Policarpo Sanz 24 ) DO DOCUMENTAL "27 DE SETEMBRO" DE ADOLFO DUFOUR.
ORGANIZA A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO
'Septiembre del 75' foi galardonado co Segundo Premio na sección "Tiempo de Historia" na Semana Internacional de Cine de Valladolid do pasado ano e ten recibido as mellores críticas en todos os eventos aos que se ten presentado.
Tamén A Asemblea Republican convoca a un homenaxe a Baena ese mesmo día ás 18 horas no Cemiterio de Pereiro

Xosé Humberto Baena tiña 24 anos cando o executaron. O seu triste destino foi ser o último fusilado do franquismo, acusado o asasinato do policía armada Lucio Rodríguez. Até o último momento mantivo ante a súa familia que era inocente.
Con Baena, foron executados Anxo Otaegui, Ramón García, José Luís Sánchez Bravo e Juan Paredes o 27 de setembro de 1975. O documental 'Setembro do 75' reproduce o proceso cheo de irregularidades, a falta de probas contra os condenados, a mobilización internacional con protestas en toda Europa, chegando á retirada de embaixadas, como presión para lograr os indultos. Pero, nin sequera a chamada persoal do papa Pablo VI a Franco durante a noite anterior aos fusilamentos puido paralizar as cinco execucións.
'Setembro da 75' conta cos testemuños dos outros condenados naquel proceso, cuxas penas capitais foron conmutadas a noite do 26 de setembro. Tamén os avogados que os defenderon achegan datos arrepiantes sobre as condicións nas que traballaron, así como a arbitrariedade e ilegalidade de todo o xuízo.
Baena foi declarado culpable sen probas, sen arma homicida, sen informe balístico e sen testemuñas. O único argumento que se presentou foi unha confesión de culpabilidade arrincada ao detido baixo tortura.
A familia Baena naqueles momentos de desesperación chegou a recorrer ao entón Príncipe Juan Carlos, a quen dirixiu unha carta pedindo a súa intercesión.Por iso, ademais do relato dun proceso que avergoñou ao mundo, o documental amosa tamén a loita da familia de Xosé Humberto Baena, iniciada polos seus pais e agora continuada pola súa irma Flor que segue pelexando por limpar a súa lembranaza e reivindicar a xustiza que non tivo e para que algunha instancia nacional ou internacional reabra o caso e chegue a amosar a inocencia do seu irmán e conseguir a reparación moral da súa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario