Una buena medida que debe llevar a otras que adelgacen el pésimo funcionamiento del sector público

Traballo deixa un centro de menores en mans privadas

A Xunta pagará case 330.000 euros ao ano á empresa que se encargue dunha residencia para rapaces tutelados de Vigo.

RAQUEL PAZOS

Os servizos de acollemento de menores tutelados pola Xunta de Galicia pasan a mans privadas. A Consellería de Traballo anunciou esta mesma semana o contrato para que unha empresa se faga cargo deste servizo público de “acollemento residencial en réxime de día, de menores en situación de desamparo ou risco que estean tutelados pola Xunta” nun centro vigués.

O obxectivo deste concerto é “favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa personalidade –en relación aos mozos– nun ambiente o máis parecido ao ámbito familiar”, segundo sinala a Secretaría Xeral da Consellería de Traballo nos pregos do concerto. Así, as actividades que deberá desenvolver a empresa beneficiaria serán dar acollemento en réxime de día aos menores “en situación de desprotección social, desamparo, risco ou marxinalidade”, potenciar “os vínculos existentes entre o menor e a súa familia” ou “desenvolver habilidades e destrezas sociais”.

Este servizo contará cunha capacidade máxima de vinte prazas, reportando cada unha delas un prezo máximo de 45,15 euros por día á empresa que resulte beneficiaria deste contrato. Deste xeito, o orzamento máximo para esta iniciativa ascende ata os 329.955 euros ao ano.

As previsións da Xunta estiman nun ano a duración do contrato, que tería como fin o 31 de decembro de 2011. No entanto, os prazos marcados polo concurso, de carácter urxente, impiden que a formalización deste contrato teña lugar na primeira quincena de xaneiro.

A pesar do carácter anual desta iniciativa de Traballo, a consellería permite unha prórroga do contrato de ata tres anos, polo que xa sitúa o orzamento da xestión deste centro en 1,22 millóns de euros ata 2014. Non obstante, o prego de condicións administrativas deste contrato deixa patente que o prezo deste servizo poderá ser revisado á hora de ampliar a concesión, cunha variación do importe de ata o 85%. Neste sentido, a privatización deste servizo de tutela podería chegar ata os 610.416 euros ao ano.

Con esta dotación de fondos, Traballo estipula unhas prestacións mínimas que a empresa debe manter ante os mozos, que en ningún caso poderán superar os 17 anos de idade. A adxudicataria deberá atender aos menores durante todo o ano “incluíndo fins de semana e vacacións en horario de atención mínimo de oito da mañá a oito da tarde”.

A Xunta esixe a pensión alimenticia completa, composta por “almorzo, comida, merenda e cea, incluíndo guarnicións, ademais dun zume de froitas ao día”. As comidas principais contarán ademais de primeiro, segundo, bebida, pan e sobremesa e deberán atenderse as necesidades especiais dos mozos en relación a alerxias, alimentos sen glute, hipocalóricos ou en relación a outras cuestións como os “imperativos relixiosos”.

A empresa deberá encargarse tamén de que cada menor dispoña “como mínimo de cinco mudas de roupa e tres pares de calzado”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario